Comezan as obras de 130 novas prazas de aparcamento en Carballo

Obras na nova zona de aparcamento na Ría San Antonio Énchese cada semana, sobre todo nas feiras, o centro de Carballo. Faise necesaria a creación de novos espazos de aparcamento, e para iso, xa comezaron as obras de acondicionamento para instalar zonas en cinco espazos do centro urbano.  En total crearanse 130 prazas, distribuídas entre a rúa San Antonio esquina San Paio, Luis Calvo esquina Pan, Nicaragua, Bos Aires esquina Chile e avenida das Flores. Agás a da rúa Nicaragua, que é unha parcela municipal, todas foron cedidas pola propiedade ao Concello de Carballo polo sistema de comodato, que permite a utilización pública dos terreos a cambio da exención de impostos

A bolsa de estacionamentos gratuítos en parcelas municipais e solares cedidos pola propiedade acada agora as 2.160 prazas. A principal bolsa de estacionamentos do centro urbano atópase no ámbito do Rego da Balsa, con algo máis de 800 prazas dispoñibles