Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Comezan as obras de 130 novas prazas de aparcamento en Carballo

Comezan as obras de 130 novas prazas de aparcamento en Carballo
Zona de aparcamento na Rua San Antonio Carballo Obras na nova zona de aparcamento na Ría San Antonio Énchese cada semana, sobre todo nas feiras, o centro de Carballo. Faise necesaria a creación de novos espazos de aparcamento, e para iso, xa comezaron as obras de acondicionamento para instalar zonas en cinco espazos do centro urbano.  En total crearanse 130 prazas, distribuídas entre a rúa San Antonio esquina San Paio, Luis Calvo esquina Pan, Nicaragua, Bos Aires esquina Chile e avenida das Flores. Agás a da rúa Nicaragua, que é unha parcela municipal, todas foron cedidas pola propiedade ao Concello de Carballo polo sistema de comodato, que permite a utilización pública dos terreos a cambio da exención de impostos

A bolsa de estacionamentos gratuítos en parcelas municipais e solares cedidos pola propiedade acada agora as 2.160 prazas. A principal bolsa de estacionamentos do centro urbano atópase no ámbito do Rego da Balsa, con algo máis de 800 prazas dispoñibles

Comentarios