As familias do CEIP Xesús San Luís Romero acoden ao Defensor do pueblo estatal ante os recortes e pensan nen Europa

Imaxe dunha das concentracións realizadas pola comunidade escolar carballesa
  • Hoxe a CIG denuncia o maior recorte en Galicia dos últimos anos

Non para a comunidade escolar do CEIP Xesús San Luís Romero na súa loita constante contra os recortes impostos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Os pais e nais veñen de “dar un paso máis na defensa da calidade educativa dos nosos fillos e fillas. Hoxe enviamos unha queixa formal ao Defensor del Pueblo a nivel estatal”, despois de telo feito a semana pasada á Valedora do Pobo galega.

A comunidade explica que “a decisión da Consellería de Educación de eliminar unha aula de Educación Infantil para o vindeiro curso 2023/2024, xunto coa redución do persoal docente e de apoio, xerou unha importante alarma entre as familias e a comunidade educativa en xeral. Froito desta medida será o agrupamento de alumnos de distintas idades nunha mesma aula, o que repercutirá negativamente na calidade do ensino e na atención individualizada que merecen os nosos fillos e fillas”.

Piden pois ao Defensor que “avalíe os impactos destes recortes e se tomen medidas para que os nosos fillos e fillas reciban unha educación inclusiva e equitativa, tal e como establecen os principios fundamentais da educación”.

Ademais, comunican que “estamos en proceso de elaboración dunha petición dirixida á Unión Europea (UE) na que expoñeremos a nosa situación e solicitaremos o seu apoio para preservar os estándares educativos da nosa comarca.

Mentres, instan á Xunta a recuar, xusto no ano no que segundo, a CIG, a Consellaría de Educación volve fcer un recorte de unidades e postos de traballo tremendo. Dende o sindicato sinalan que segundo a ORDE do 31 de xullo de 2023 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, de educación infantil, educación primaria e educación especial publicada hoxe, venres, 18 de agosto atopámonos con que a Consellaría suprime:

  • 60 unidades de educación infantil e primaria, que se traducen nun recorte de 89 prazas de infantil e primaria, concretamente 38 de infantil e 51 de educación primaria, incluídas nestas, sete en distintos centros de educación especial.

Dende a central lamenta a política de "imposición e non negociación" do PP.

Novas relacionadas