Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A ANPA do Colexio Xesús San Luis Romero presenta unha denuncia ante a Valedora do Pobo polos recortes

Comunidade educativa do CEIP Xose Luis Romero de Carballo
A ANPA do Colexio Xesús San Luis Romero presenta unha denuncia ante a Valedora do Pobo polos recortes
No día de onte, un grupo de pais e nais do Colexio San Luis Romero presentou unha denuncia formal ante a Valedora do Pobo de Galicia. Nesta denuncia, expoñen detalladamente os incumprimentos por parte da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e describen en profundidade a problemática que actualmente enfronta o colexio, en relación cos recortes anunciados pola Consellería para o vindeiro curso.

A comunidade escolar entende que "o Colexio Xesús San Luis Romero vése ameazado polos recortes propostos pola Consellería de Educación. Estes recortes, lonxe de contribuír ao desenvolvemento dunha educación de calidade, poñen en risco a infraestrutura, o benestar docente e a aprendizaxe dos nosos fillos e fillas".

A denuncia destaca a falta de diálogo e participación na toma de decisións, o que deixou pais, nais, profesores e alumnos nunha situación de incerteza e preocupación.

Os pais e nais asinantes desta denuncia instan á Valedora do Pobo a investigar en profundidade esta problemática e vixiar polos dereitos dos nosos fillos e fillas a recibir unha educación de calidade nun entorno seguro e propicio para o seu desenvolvemento integral.

Asñi mesmo, esixen "á Consellería de Educación da Xunta de Galicia que reconsidere os recortes propostos e busque alternativas que non comprometan a excelencia educativa que merecen os nosos fillos e fillas".

 

Comentarios