Deteñen, por segunda vez, a unha nai e un fillo por unha estafa na compra dun tractor

Xoias recuperadas pola Garda Civil no marco da Operación Carcayu
“Operación Carcayu”: unha carballesa foi detida por furto nunha vivenda na casa onde onde coidaba dunha persoa maior

Acontecía en agosto, cando a Garda Civil detiña e investigaba unha familia por un estafa relacionada coa compra dun tractor. Pois volveu acontecer. A Garda Civil de Carballo volveron deter esta fin de semana á parella por un suposto delito semellante, tamén cun tractor.

O perxudicado, despois de contactar cos supostos estafadores por unha páxina de compra venda, achegouse ao posto carballés para contar o sucedido. Acordara a venda dun tractor po 16.000 euros o 31 de outubro, pero tras ter feito mesmo o cambio de titularidade o 2 de novembro, os cartos nunca chegaron, só excusas por parte do comprador e da nai. Tardou uns días pero ao pouco levou o tractor e as mensaxes ás dependencias oficiais para denunciar o caso.

A Garda Civil comprobou que nai e fillo xa eran reincidentes e volveu detelos e investigalos.

Operación Carcayu: Detida unha veciña por furto

Igualmente, os postos das gardas Civís de Arteixo e Carballo detiveron unha carballesa por un delito de furto nunha vivenda no marco da operación Carcayu.

A vítima denunciara que unhas xoias foron roubadas do interior da súa casa, e compartira as sospeitas de que puido ter sido a muller que sustituira á empregada que coidadaba da súa nai.

As investigacións dos feitos comprobaron que efectivamente a empregada tiña os efectos sutraídos, e ademais comprobaron que tamén acontecera o mesmo noutra vivenda en Arteixo.

Novas relacionadas