Detido un carballés por roubar comestibles nun domicilio de Verdillo

Moito traballan os Axentes da Garda Civil de Carballo… I é que nas últimas datas temos constancia de numerosos roubos na zona, como vemos nas Novas relacionadas de embaixo. O pasado luns tiña lugar outra detención, a dun veciño da capital bergantiñá, de 40 anos, como suposto autor dun roubo con forza cometido nun domicilio de Verdillo.

Ao parecer, o home accedeu ao interior da vivenda logo de violentar varias fiestras e logrou subtraer diversos embutidos ademais de outros comestibles.

Os feitos tiveron lugar sobre as dúas da madrugada do día 25 e o agora imputado foi sorprendido polo dono da casa que deu aviso aos gardas. Momentos despois, o suposto autor do roubo foi localizado e detido polos axentes. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Garda Civil.