Detido un carballés por roubar comestibles nun domicilio de Verdillo
Moito traballan os Axentes da Garda Civil de Carballo… I é que nas últimas datas temos constancia de numerosos roubos na zona, como vemos nas Novas relacionadas de embaixo. O pasado luns tiña lugar outra detención, a dun veciño da capital bergantiñá, de 40 anos, como suposto autor dun roubo con forza cometido nun domicilio de Verdillo.
Ao parecer, o home accedeu ao interior da vivenda logo de violentar varias fiestras e logrou subtraer diversos embutidos ademais de outros comestibles.
Os feitos tiveron lugar sobre as dúas da madrugada do día 25 e o agora imputado foi sorprendido polo dono da casa que deu aviso aos gardas. Momentos despois, o suposto autor do roubo foi localizado e detido polos axentes. Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Carballo.
Novas relacionadas
- 21-05-14: Un carballés detido por roubar e lesionar a unha octogenaria.
- 16-05-14: Operación Bluster: Desmantelado en Vimianzo un grupo organizado que delinquía a nivel local.
- 27-03-14: Detidos un carballés por 4 roubos e un vimiancés por disparar ao can dunha veciña.
- 24-03-14: Outros 4 veciños detidos en Carballo por roubos en vivendas de Sofán.
- 19-03-14: Detido en Carballo por roubar ferramentas nun domicilio.
- 27-02-14: Entran a roubar no campo de fútbol do Cairo e nunha casa carballesa.
- 10-02-14: Dous detidos e dez imputados por roubos en vivendas da Costa da Morte.
- 07-02-14: Tres detidos en Fisterra por roubar nun domicilio.
- 23-12-13: Detidos tres individuos como supostos autores de 8 roubos en bares e domicilios da comarca de Soneira..
- 29-11-13: Detido por intentar roubar na Igrexa de Cesullas.
Fonte
- Garda Civil.