Elisa Carballido dixo adeus ao Concello de Carballo tras 44 anos de dedicación profesional
30 de xaneiro de 2024 (16:03 h.)
44 anos, máis de 16.000 días cotizados. Esa é a bagaxe de Elisa Carballido, a traballadora municipal que hoxe martes 30 de xaneiro se xubilaba.
Cunha marea de amizades, e de funcionarios locais, Elisa lembrou a marea de departamentos polos que pasou, e mesmo amosou aquela primeira nómina que cobrou en 1980.
Evencio Ferrero recordou a “excelente profesionalidade de Elisa, o seu querer facer as cousas sempre ben, e sempre querendo facer medrar a Carballo”.