A Escola do Alpendre propón un sábado de contada e ruada de Nadal
28 de decembro de 2023 (12:49 h.)
Volve a Escola do Alpendre de Carballo artellar un evento para as familias e os máis cativos, no marco do seu proxecto Escoliña do Alprende.
Este sábado 30 de decembro, comezarán ás 19:30h cunha contada a cargo de María da Pontragha e musicada por Mighelón Paz. A entrada será de balde e non é necesario inscribirse.
Logo ás 21:30 darán comezo á ruada de Nadal onde tamén a entrada será libre e sen límite de idade. Todo aquel que queira pode tocar e bailar.
Tanto na contada, como na ruada, haberá chocolatiño quente e faranse uns cantos sorteos.