Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Escola do Alpendre propón un sábado de contada e ruada de Nadal

Mighelon Paz e Maria da Pontragha
Mighelon Paz e Maria da Pontragha
A Escola do Alpendre propón un sábado de contada e ruada de Nadal

Volve a Escola do Alpendre de Carballo artellar un evento para as familias e os máis cativos, no marco do seu proxecto Escoliña do Alprende. 

Este sábado 30 de decembro, comezarán ás 19:30h cunha contada a cargo de María da Pontragha e musicada por Mighelón Paz. A entrada será de balde e non é necesario inscribirse.

Logo ás 21:30 darán comezo á ruada de Nadal onde tamén a entrada será libre e sen límite de idade. Todo aquel que queira pode tocar e bailar.

Tanto na contada, como na ruada, haberá chocolatiño quente e faranse uns cantos sorteos. 

Comentarios