Espiral Maior Foro acolle novas presentacións literarias

Non para nin por verán de armar eventos Miguel Anxo Fernán Vello no Espiral Maior Foro. E esta semana vén cargada con doble cita.  

O mércores 3 de xullo, ás 20:00 h., o espazo sito na Rúa do Sol, 34, acolle o acto de presentación do libro “Los años de guerra y la prisión provincial de A Coruña. Memorias de un recluso: Domingo Quiroga Ríos”, do historiador corcubionés Luís Lamela, que estará acompañado polo filólogo e escritor Fernando Cabeza Quiles, a profesora e presidenta da ARMH Carmen García-Rodeja e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

E o xoves 4 de xullo, tamén ás 20:00 h., presentarase o libro “Tratado para ollomoles. Poemas visuais”, do que é autor o profesor e poeta malpicán Diego Cousillas. Para este acto contarase coa presenza do profesor, fotógrafo e escritor Alberto Pombo e do tamén escritor Miguel Anxo Fernán Vello.

Por outra banda, a exposición pictórica “Grammáticas e Iluminacións”, actualmente aberta ao público no espazo expositiv de Espiral Maior Foro con obra de Miguel Anxo Fernán Vello, amplía até o 14 de xullo o seu tempo de permanencia, coincidindo a súa clausura co remate da Feira do Libro de Carballo.