Evacúan un enfermo pola fiestra en Carballo

Esta pasada tarde de mércores, os Bombeiros de Carballo tiñan que achegarse á rúa Vila de Negreira, de Carballo, para evacuar unha persoas enferma a través dunha fachada. O 061 informaba de que a persoa sufrira unha posible fractura de cadeira, polo que non era aconsellable baixala polas escaleiras do edificio.

Os Bombeiros decidiron evacuala a través da fiestra da vivenda e baixala no porta-camillas do vehículo autoescada. Posteriormente foi trasladada pola ambulancia a un centro sanitario.