Un excarcerado tras un aparatoso accidente na estrada de Razo

Un excarcerado tras un forte accidente na estrada de Razo

Este sábado rexistrouse un forte accidente no punto quilométrico 7 da estrada DP-1902. que une Carballo e Razo. Pasadas as 16:00h un vehículo sufría unha saída de vía, provocando que un dos tres ocupantes quedase atrapado, o copiloto.

Os Bombeiros acodiron ao lugar e a persoa que se atopaba no interior queixábase de dor nas costas, polo que os Bombeiros decidiron retirar o teito para poder sacala do vehículo pola parte traseira cun taboleiro espinal e así minimizar os movementos da columna vertebral. Unha vez fóra do vehículo foi atendida polos sanitarios e trasladada. As outras dúas persoas presentaban, nun principio, feridas de carácter leve, aínda que tamén foron trasladadas.