A experiencia educativa da Escola de Hostalería de Carballo despois de elaborar 2.500 menús para familais desfavorecidas

Alumnado da Escola de Hostaleria de Carballo
Alumnado da Escola de Hostaleria de Carballo

Experiencia singular a que viviu a Escola Municipal de Hostalaría entre o 28 de abril e o 19 de xuño. En plena pandemia, alumnado e profesorado poñéronse a sumar e elaboraron nada menos que 2.500 menús para veciños e veciñas do noso concello en situación de vulnerabilidade.

O pasado venres rematou o curso, nunha xornada que serviu para repasar o feito, e agradecer o compromiso dos mestres Fernando Agrasar e José Manuel Martínez; e do ao alumnado pola súa implicación e o seu traballo voluntario para axudar ás familias con máis necesidades.

“Quedounos unha parte do programa formativo sen poder ver, pero do que non cabe dúbida é de que esta experiencia vaivos dar moita máis soltura na cociña que vos resultará moi útil á hora de realizar as prácticas”, engadiu Fernando Agrasar.

Maica Ures agradeceu “porque co voso gran de area, que foi moi grande, axudastes a mellorar a calidade de vida para moitos veciños e veciñas. Penso que a experiencia foi unha aprendizaxe didáctica para vós, pero para o resto da sociedade foi unha aprendizaxe de solidariedade”.

Novas relacionadas