Falece un home tras unha agresión en plena rúa de Carballo

Un home falecía esta pasada noite no CHUAC, tras unha agresión mortal na rúa en Carballo. A agresión sucedía arredor das 18:00h, e o home perdía a vida pola noite no Hospital.

Ao lugar dos feitos acodiu o 061, a Policía Local e Garda Civil. A Policía Xudicial intenta descubrir as causas da agresión.

O Concello carballés realizou un comunicado claro: “Non hai ningunha, absolutamente ningunha, posibilidade de xustificación dunha agresión e moito menos da perda dunha vida. Dende o Concello de Carballo expresamos o noso fondo pesar pola morte dun veciño e a solidariedade da sociedade carballesa coa familia da vítima. E apelamos á conciencia de todas e todos para que este tipo de sucesos non se repitan nunca máis”.