Un ferido tras un incendio nunha vivenda carballesa

Este pasado mediodía de xoves 29 de decembro, tivo lugar un incendio nunha vivenda de Queo de Abaixo, en Carballo. O incencio afectou á cuberta e a estrutura dunha terraza situada pola parte traseira da vivenda, no 1º andar. Os veciños intentaron sufocalo con extintores de auga antes da chegada dos Bombeiros.

O único habitante da vivenda, un home de mediana idade, atopábase ferido por inhalación de fume cando tentaba extinguir o incendio; e foi atendido no punto e despois trasladado por unha ambulancia ao CHUAC.

Os Bombeiros despregaron un tendido de mangueiras de 25, e usaron 300 litros de auga e 2 equipos de respiración para extinguir o lume, que tamén afectou a 3 sofás que había preto dunha lareira ademáis da cuberta plástica da terraza e á súa estrutura. O interior da vivenda non se viu afectado polo lume pero sí chegou a entrar o fume, polo que procederon a ventilar de forma natural tódalas estancias do 1º andar.