Fin de semana de maratón audiovisual no Casino 1889

Unha estampa da celebración dos 130 anos do Casino 1889 Carballo

Espectacular a programación cultural que arma a activa mocidade do Casino 1889. Un grupo de xente que está volvendo a convertir a capital bergantiñá nun verdadeiro centro de axitación cultural. Despois da celebración do Ciclo de Cine Documental Galego "Galidoc", e da celebración dos 130 anos (si, 130!), a entidade segue dinamizando a comarca. 

Un exemplo é este proxecto Audiovisual no Casino 1889 "Por non ver o de sempre", que se desenvolverá entre o sábado 21 e o domingo 22 e que engloba as seguintes actividades:

A fin de semana abrirase o sábado a partir das 19:00, co Maratón de curtas de Miguel G. Abad. Haberá unha presentación e coloquio, da man do propio do director e de parte do equipo artístico e técnico. As curtametraxes que se proxectarán son:

  • Albores (2017)
  • Baleiro (2018)
  • Máxima Audiencia (2018)
  • Pensamentos para Xiana (2018)
  • Para rematar, unha proxección sorpresa.

2. Mesa Redonda e proxeccións "POR NON VER O DE SEMPRE" | Domingo, 22 de decembro 2019 | 19:00h | coa presencia de profesionais e amador*s do sector audiovisual.

  • - Mesa redonda para falar sobre o séctor audiovisual galego dende o punto de vista de creador*s independentes.
  • - Proxección: adianto de Sons, mediametraxe de Miguel G. Abad.
  • - Proxección: adianto da primeira lungametraxe "Na Calor do Verán" de Miguel G. Abad e videoclip de Rebezo, grupo da banda sonora da lunga.

Charla histórica

Ademais, como actividade independente desta, o domingo 22 de decembro ás 12:30h, tamén terán no Casino 1889 o escritor e profesor Manuel Miragaia, cunha palestra e posterior coloquio, con lectura de poemas do libro "Galeguia". "A Galiza e Portugal através da história. As relacións históricas entre Galiza e Portugal".