O GALP organiza este xoves no Fórum Carballo unha xornada informativa sobre as axudas no mar
Organiza o GALP Costa da Motte este xoves 14 de maio, a partir das 17:00h no Fórum Carballo, unha xornada informativa sobre o emprendemendo no sector do mar.
A partir das 17:00h falarase de estratexia das administracións, e debullaranse as axudas que ofrece o GALP Costa da Morte, as Oportunidades reais de financiamento existentes.
Jorge López Pena - Presidente da Cofradía de Pescadores de Barallobre, falará de iniciativas desenvolvidas coa colaboración dos GALP para a dinamización do sector pesqueiro.
En clave de innovación e sostibilidade, Julio Valeiras Mota - Investigador do Instituto Español de Oceanografía (CSIC) recollerá casos que combinan coñecemento científico e impacto no territorio repasando varios proxectos en artes de pesca costeira sostible e control de especies invasoras. Ademais, Álvaro Roura Labiaga - Investigador de Octolarvae falará de proxectos de rexeneración de ecosistemas para a recuperación do marisqueo
Tamén se falará de Transformación e valor engadido. Pilar Otero González - CEO da Fábrica Rosa de los Vientos, falará de como construír produto con identidade e diferenciación Elaboración artesanal de produtos de polbo e cefalópodos. Ademais, Elena Vitoria Alonso - CEO de Salmoira recollerá recuperación de técnicas tradicionais de salazón, afumado e escabeche.
A xornada rematará con Novas experiencias arredor do mar, afondando nas posibilidades turísticas arredor do Turismo Starlight e experiencias sostibles vinculadas ao territorio, da man de Alberto Contreras Illán - CEO de A Toda Vela Cádiz.
Despois das conclusións e o peche institucional, haberá unhs petiscos para facer o máis importante, o networking.
Xa poden realizar as súas inscricións nesta ligazón.