xoves. 11.06.2026
El tiempo

O GALP organiza este xoves no Fórum Carballo unha xornada informativa sobre as axudas no mar

251128 Innovando polo Mar, Camariñas
Imaxe da sesión de Camariñas
O GALP organiza este xoves no Fórum Carballo unha xornada informativa sobre as axudas no mar

Organiza o GALP Costa da Motte este xoves 14 de maio, a partir das 17:00h no Fórum Carballo, unha xornada informativa sobre o emprendemendo no sector do mar. 

En canto ás axudas, Oo dende o GALP lembran que o programa actual dispón de máis de 2,3 millóns de euros para o territorio costeiro dende A Laracha ata Muxía, dispoñible para as vindeiras convocatorias.s beneficiarios das axudas  oden obter un apoio que vai dende o 35 ao 50% do gasto subvencionable, dependendo da puntuación obtida, ata un máximo de 200.000€, podendo ser incluso chegar ata unha porcentaxe do 100% no caso da pesca artesanal.
 

Programa

A partir das 17:00h falarase de estratexia das administracións, e debullaranse as axudas que ofrece o GALP Costa da Morte, as Oportunidades reais de financiamento existentes.

Jorge López Pena - Presidente da Cofradía de Pescadores de Barallobre, falará de iniciativas desenvolvidas coa colaboración dos GALP para a dinamización do sector pesqueiro. 

En clave de innovación e sostibilidade, Julio Valeiras Mota - Investigador do Instituto Español de Oceanografía (CSIC) recollerá casos que combinan coñecemento científico e impacto no territorio repasando varios proxectos en artes de pesca costeira sostible e control de especies invasoras. Ademais, Álvaro Roura Labiaga - Investigador de Octolarvae falará de proxectos de rexeneración de ecosistemas para a recuperación do marisqueo

Tamén se falará de Transformación e valor engadido. Pilar Otero González - CEO da Fábrica Rosa de los Vientos, falará de como construír produto con identidade e diferenciación Elaboración artesanal de produtos de polbo e cefalópodos. Ademais, Elena Vitoria Alonso - CEO de Salmoira recollerá recuperación de técnicas tradicionais de salazón, afumado e escabeche.

A xornada rematará con Novas experiencias arredor do mar, afondando nas posibilidades turísticas arredor do Turismo Starlight e experiencias sostibles vinculadas ao territorio, da man de Alberto Contreras Illán - CEO de A Toda Vela Cádiz.

Despois das conclusións e o peche institucional, haberá unhs petiscos para facer o máis importante, o networking.

Xa poden realizar as súas inscricións nesta ligazón.

Comentarios