A Hostalería de Carballo mantense viva en tempos de pandemia
18 de novembro de 2020 (10:32 h.)
Está a hostalería da comarca en loita. Así o comprobamos onte na manifestación desenvolta nas rúas de Compostela á que acodiron numerosos representantes da nosa hostalería para pedir un Plan de Rescate.
Pero non son todo malas novas. A Asociación de Hostelería de Carballo vén de facer unha colleita dos establecimentos que segue abertos, loitando contra “vento e pandemia”. Son, por agora, 22 establecimentos que manteñen a súa oferta de café e/ou comida para levar, e que provocan algunha cola polas rúas carballesas.
Son varios os establecimentos que ademais ofrecen comida a domicilio, un servizo que comezou a funcionar a fin semana pasada con moi boas espectativas.
Novas relacionadas
- A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa.
- Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- Asociación Hostalería Carballesa: “Estamos fartos de discutir ca xente”.