Mércores. 25.11.2020
El tiempo

A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa

Hostalería da Costa da Morte nas rúas de Compostale por un Plan de Rescate
Hostalería da Costa da Morte nas rúas de Compostale por un Plan de Rescate
A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa

Este martes centos de hostaleiros de toda Galicia percorren as rúas de Compostela pedindo un Plan de Rescate para poder salvar milleiros de empregos. Dende o Palacio de Congresos percorren dende as 11 da mañá o último treito do Camiño Francés ata o Obradoiro, simbolizando a importancia do sector na economía galega.

Reivindican que a "hostalería é segura" pedindo a reapertura ("Queremos traballar!"), ademais de que haia unha batería de axudas importante para permitir que estes peches temporais non se convirtan en definitivos

Non podían faltar representantes da Costa da Morte, unha vez que tanto o Concello de Vimianzo como a comarca de Bergantiños sofren as restricións impostas pola Xunta. Ducias de establecimentos de Vimianzo (Casa da Canle, Hotel Restaurante As Eiras Lires, Celme Café, Cerveceria Quilmes, Restaurante Hedreira, Casa Sabina, Parrillada Montevideo, Bar Lareira, Local Bar 35 vimianzo…), doutras zonas (Morada da Moa do Pindo, Casa Loncho de Olveira Albergue Km. 0...) e tamén da comarca de Bergantiños, así como representantes da APTCM, de Muxía Natura, Solpor ou da Asociación de Hostalería de Carballo percorren as rúas compostelás.

Hostaleria da Costa da Morte en Compostela 2

Hostaleria Costa da Morte en Santiago por Un Plan de Rescate

Novas relacionadas

comentarios