Un incendio forestal no medio de Carballo

 

Este martes 19 de marzo, os Bombeiros de Carballo, ademais da Policía Local, Garda Civil e Axente Forestal, tiveron que acodir ao carón da Urbanización Costa Nariga, na saída cara Razo dende a carballesa para sufocar o que chamaron un incendio forestal. Tratouse máis ben dun incendio de matogueira, próxima á escola infantil, e en apenas media hora os bombeiros puideron controlalo.

Non houbo danos persoais nin materiais a parte da vexetación desa parcela. O lume afectou a uns 1200 metros cadrados de matorral e descoñecese a orixe. Utilizaron uns 600 litros de auga e ás 17:00h a cousa xa estaba controlada.