Incendio nun garaxe de Bértoa
03 de febreiro de 2023 (09:31 h.)
Esta madrugada de xoves a venres, ao fío das 2:30h, a Policía Local de Carballo informaba dun incendio urbano no garaxe dunha casa de Bértoa. De contado acodían os bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil e a Protección Civil de Carballo.
O lume puido comezar no motor da calefacción central e ardeu unha zona onde había botes de disolvente, de gasolina e materiais plásticos. Ademais, as chamas afectaron a unha secadora.
Finalmente só se rexistraron danos materiais.