Un incendio nunha vivenda provoca unha alarma en Noicela

Bombeiros de Carballo asistiron ao incendio en Noicela

Os veciños do lugar da Pedra do Sal, Noicela, Carballo, tiveron unha tarde exaltada o pasado luns. Un incendio nunha vivenda alarmou a veciñanza arredor das 16:30-17:00h. O lume e a calor calcinou todo o salón, tamén gran parte do falso teito e o tellado de uralita enriba do salón, que caíu o chan, pero tamén afectou as dependencias de toda a vivenda, manchando todo de hollín./p>

Cando chegaron os Bombeiros de Carballo o lume xa se extinguira por si só, e procederon a enfriar zonas quentes e madeira das vigas do teito que ainda estaban incandescentes, ademais de ventilar a vivenda.

Afortunadamente na vivenda non había ninguén cando se declarou o incendio, polo que non houbo vítimas.