Os Bombeiros de Carballo sufocan un incendio nun vehículo

Bombeiros de Carballo apagando un incendio nun vehiculo Esta pasada noite de xoves, arredor das 22:00h, os Bombeiros de Carballo acodían ao vial que vai ao centro Aspaber, A Brea – Carballo, por mor dun vehículo incendiado. O coche calcinouse por completo, afortunadamente estando fóra da vía e sen afectar a persoas nin outros bens. Os Bombeiros de Carballo extinguiron o lume empregando 800 litros de auga. Descoñecense as causas do incendio. Ao lugar acodiron ademais a Policía Local e Garda Civil.