Investigan a un carballés por roubar dous perfumes valorados en 225€

Axentes da Garda Civil de Carballo investigan a un veciño da zona como suposto autor dun delito leve de hurto. Ao parecer, segundo informa a benemérita nunha nota de prensa, o agora investigado atopábase no interior dun establecemento de perfumería ubicado na vila carballesa de onde puido sustraer dous perfumes valorados en 225 €. Tras visualizar as cámaras colocadas no interior da tenda, os investigadores recoñeceron ao veciño como posible autor dos feitos que xa foron postos en coñecemento do xulgado de Garda de Carballo.