O Laboratorio de Movidas Coworking ofrece unha serie de Obradoiros creativos para persoas adultas

Obradoiro bordado Movidas Lab Carballo
Imaxe dun dos Obradoiros de bordado no Movidas Lab

As xentes do Laboratorio de Movidas coworking  teñen gañas tamén de apagar o ordenador por momentos e poñerse a traballar coas mans e poder saír do mundo dixital. Por iso ofrecen diferentes obradoiros para persoas adultas: pintura, bordado, creación de sellos, decoración de velas...

Todos os obradoiros son impartidos por Isa Bermúdez (@eundebuxoporque), artista local carballesa. Isa Bermúdez é usuaria do coworking, usa o seu escritorio como obradoiro persoal no que poder pintar e levar a cabo os seus proxectos, e como se trata dun espazo colaborativo quixemos que máis persoas poideran achegarse a este tipo de actividades.

Os prezos de inscripción, en grupos de menos de 10 persoas, van dende os 15 a 30€ cun desconto para coworkers (persoas que fan uso do coworking como oficina).

Obradoiro de bordado

Este domingo 19 de xaneiro impartirase un obradoiro de bordado de 11:00 a 13:00 no que poder aprender puntos básicos no caso de non ter bordado nunca, ou aprender puntos máis complexos se xa se ten certo nivel. A finalidade será plasmar deseños en diferentes teas. Proporcionaranse os materiais para facelo no caso de que alguén os precise.

Podes recibir máis información sobre os futuros obradoiros seguindo a @movidas.coworking en Instagram.