O Laboratorio de Movidas Coworking ofrece unha serie de Obradoiros creativos para persoas adultas

As xentes do Laboratorio de Movidas coworking teñen gañas tamén de apagar o ordenador por momentos e poñerse a traballar coas mans e poder saír do mundo dixital. Por iso ofrecen diferentes obradoiros para persoas adultas: pintura, bordado, creación de sellos, decoración de velas...
Todos os obradoiros son impartidos por Isa Bermúdez (@eundebuxoporque), artista local carballesa. Isa Bermúdez é usuaria do coworking, usa o seu escritorio como obradoiro persoal no que poder pintar e levar a cabo os seus proxectos, e como se trata dun espazo colaborativo quixemos que máis persoas poideran achegarse a este tipo de actividades.
Os prezos de inscripción, en grupos de menos de 10 persoas, van dende os 15 a 30€ cun desconto para coworkers (persoas que fan uso do coworking como oficina).
Obradoiro de bordado
Este domingo 19 de xaneiro impartirase un obradoiro de bordado de 11:00 a 13:00 no que poder aprender puntos básicos no caso de non ter bordado nunca, ou aprender puntos máis complexos se xa se ten certo nivel. A finalidade será plasmar deseños en diferentes teas. Proporcionaranse os materiais para facelo no caso de que alguén os precise.
Podes recibir máis información sobre os futuros obradoiros seguindo a @movidas.coworking en Instagram.