León Benavente e os carballeses Charlie encabezan o cartel dun Rockin’ Carballo 2026

O sábado 27 de xuño, véspera da Festa do Bosque, Carballo volverá converterse no altofalante do rock independente no Rockin' Carballo.

Un dos momentos máis agardados polo público local será a actuación de Charlie, banda carballesa na que destaca a voz de Carla Queijo, que compartirá o escenario principal con grandes nomes da escena estatal, como León Benavente, como cabeza de cartel; Tiburona, trío madrileño de power pop, e Mentah, dúo chegado de Ferrol.

Tras o éxito do ano pasado, o Rockin’ Carballo repite os espazos que definen a súa personalidade: 

  1. Sesión vermú no Escenario Magnolia do Parque do Anllóns (mediodía): un espazo para gozar en familia co rockabilly e garage punk de Stompin' Riffraffs, chegados desde o underground de Tokio, e cos veteranos portugueses The Mean Devils
  2. Concertos principais, na Praza do Concello (tarde-noite): o corazón da vila acollerá as actuacións de gran formato. E todo, de balde!