Lupe Blanco apréndenos á regueifar no Casino1889

Lupe Blanco nunha sesión CEIP Xose Pichel

O vindeiro venres 10 de febreiro a partir das 19h o Casino1889 de Carballo acollerá un obradoiro de regueifa, impartido pola coristanquesa Lupe Blanco, e organizado polo servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

A actividade terá 90 minutos de duración e é gratuíta, mais é necesario reservar praza no email casino1889@gmail.com ou por whatsapp no 645 896 772.