Marta Seoane Pazos imparte un obradoiro de escritura creativa de 3 meses na Biblioteca Agra de Campos
20 de xaneiro de 2026 (14:37 h.)
A Biblioteca Agra de Campos propón un obradoiro de escritura creativa, chamado Inventando mundos, impatido pola escritora Marta Seoane Pazos e que durará ao longo de tres meses.
O taller vai dirixido a persoas maiores de 16 anos, e celebrarase os sábados 7, 21 e 28 de febreiro, 7, 14 e 28 de marzo, e 11, 18 e 25 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, na propia biblioteca. Desde o concepto de escritura creativa ata a estrutura dunha historia, as persoas participantes abordarán con Marta Seoane todos os pasos do proceso creativo.
As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas empadroadas en Carballo, e xa podes inscribite en carballo.gal/axenda.