martes. 20.01.2026
El tiempo

Marta Seoane Pazos imparte un obradoiro de escritura creativa de 3 meses na Biblioteca Agra de Campos

Marta Seoane Pazos co seu libro Bolas de Papel
Marta Seoane Pazos co seu libro Bolas de Papel
Marta Seoane Pazos imparte un obradoiro de escritura creativa de 3 meses na Biblioteca Agra de Campos

A Biblioteca Agra de Campos propón un obradoiro de escritura creativa, chamado Inventando mundos, impatido pola escritora Marta Seoane Pazos e que durará ao longo de tres meses.

O taller vai dirixido a persoas maiores de 16 anos, e celebrarase os sábados 7, 21 e 28 de febreiro, 7, 14 e 28 de marzo, e 11, 18 e 25 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, na propia biblioteca. Desde o concepto de escritura creativa ata a estrutura dunha historia, as persoas participantes abordarán con Marta Seoane todos os pasos do proceso creativo.

As prazas son limitadas e terán prioridade as persoas empadroadas en Carballo, e xa podes inscribite en carballo.gal/axenda.

Comentarios