Milagros Cotelo e Mon Lendoiro abren o San Xoán en forma de "collage"

Inaugurouse esta pasada noite de martes no Pazo de Cultura de Carballo, e como comezo do San Xoán Carballés, exposición "Montanacos (obxecto atopado)” dos artistas locais Mon Lendoiro e Milagros Cotelo. Ambos artistas fan un pequeno homenaxe ao "Collage”.

Numeroso público acodiu á presentación, aberta pola nova concelleira de cultura de Carballo Maruxa Suárez, dando a benvida ao San Xoán. Despois os dous artistas explicaron como xurdiu "Montanacos" e por último o alcalde agradecendo a iniciativa así como a chegada do San Xoan.

Para rematar un mini concerto de Quercus blues que cantaron blues tanto en galego como en castelan ou inglés.

A expo estará aberta ata o 31 de xullo.

Milagros Cotelo e Mon Lendoiro