Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O completo programa musiqueiro do San Xoán carballés

Musica no San Xoan de Carballo
O completo programa musiqueiro do San Xoán carballés

Non falta nada para que comece o San Xoán. Ademais, sabedes que este @Sanxoancarballo vén cargado de música cun programa apto para amantes das verbenas pero tamén da música alternativa.

Dende este mércores, co pregón de Gema Paz Bello, profesora xubilada e activista, e ata o vindeiro luns 26 haberá música e sardiñas a barrer.

A gran novidade é a presenza dos concertos de Xoel López e Carlangas, que compartirán a Praza do Concello con algunhas das mellores orquestras do momento: París de Noia, Grupo Bomba, Última Legión e Funçao Publika. E, ademais, bandas, charangas, corais, disco móbil, gaiteiros, grupos infantís, pinchadiscos... para ter animación musical da mañá á noite.

O xoves ás 22:00, a París de Noia.
O venres, coas cacharelas e as sardiñasde 21:00 a 3:00h, Disco Impacto con Dani Varela, Sara Pose e Ramita.
O sábado 23 ás 23:00h, Xoel López e a partirdas 0:30h o Grupo Bomba.
O domingo ás 20:30h La Última Legión, ás 22:30h Carlangas e ás 00:45 continúa La Última Legión.
E para o luns 26, como peche de pesca Funçao Públik a partir das 21:30h.

Comentarios