Un novo paro de 15 minutos polo Día Mundial da Atención Primaria

No día de hoxe, Día Mundial da Atención Primaria, traballadores e traballadoras do Centro de Saúde de Carballo, e outros da comarca e de toda Galicia como o de Muxía (abaixo) , fixeron o recurrente paro de 15 minutos ás 12:00 horas, secundando as mobilizacións que continúan na atención primaria da saúde en Galicia.

A desconvocatoria da folga non significa que non continúen as mobilizacións, pois o persoal continuará coas mesmas ata que non se acade unha solución. “A mesa de negociación aberta, que conlevou a desconvocatoria da folga, non é un cheque en branco para a administración galega”, segundo explica Xoán M. Sande Muñiz, representante da CIG traballador do C.S. de Carballo.

Novas relacionadas