O concello de Carballo adquire a casa do mural do buzo

O inmoble será derrubado para ampliar o espazo público da zona O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero -  e dono do inmoble situado no cruce da avenida das Flores e a rúa Fábrica da edificación formalizaron onte ante notario a escritura pública de compravenda por un importe de 49.329,76 euros. Agora procederase á inclusión da finca no Inventario Municipal de Bens. A adquisición da parcela está incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co obxectivo de incorporala ao sistema xeral viario. A casa ten unha superficie de 60 metros cadrados, que, unha vez derrubada, permitirán ampliar o espazo público e mellorar a mobilidade nese ámbito. Unha das particularidades da edificación é que foi utilizada no seu momento como soporte para un dos murais do proxecto de arte urbana que está a desenvolver o concello de Carballo. Pero o derrubo da casa non significará a desaparición permanente do mural do buzo, xa que volverá a pintarse a ser posible na medianeira que quede tras a demolición ou, en todo caso, noutra parede do mesmo ámbito. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo