O concello de Carballo adquire a casa do mural do buzo
08:08 10/05/17
O inmoble será derrubado para ampliar o espazo público da zona
O alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - e dono do inmoble situado no cruce da avenida das Flores e a rúa Fábrica da edificación formalizaron onte ante notario a escritura pública de compravenda por un importe de 49.329,76 euros. Agora procederase á inclusión da finca no Inventario Municipal de Bens.
A adquisición da parcela está incluída no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) co obxectivo de incorporala ao sistema xeral viario. A casa ten unha superficie de 60 metros cadrados, que, unha vez derrubada, permitirán ampliar o espazo público e mellorar a mobilidade nese ámbito.
Unha das particularidades da edificación é que foi utilizada no seu momento como soporte para un dos murais do proxecto de arte urbana que está a desenvolver o concello de Carballo. Pero o derrubo da casa non significará a desaparición permanente do mural do buzo, xa que volverá a pintarse a ser posible na medianeira que quede tras a demolición ou, en todo caso, noutra parede do mesmo ámbito.
Novas relacionadas
- As obras obrigan a cortar provisionalmente a rúa Desisderio Varela de Carballo
- Obras de Carballo: Pechada a rúa Ponte mentres a Desiderio Varela engalánase para San Xoán.
- Carballo adxudica as obras de reurbanización das rúas Desiderio Varela e Ponte
- Carballo mellora a accesibilidade nas contornas dos colexios San Luís Romero e A Cristina
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo