![Bombeiros de Carballo apagando un incendio nun vehiculo]()
Bombeiros de Carballo apagando un incendio nun vehiculo
Esta pasada noite de xoves, arredor das 22:00h, os Bombeiros de Carballo acodían ao vial que vai ao centro Aspaber, A Brea –
Carballo, por mor dun vehículo incendiado. O coche calcinouse por completo, afortunadamente estando fóra da vía e sen afectar a persoas nin outros bens. Os Bombeiros de Carballo extinguiron o lume empregando 800 litros de auga.
Descoñecense as causas do incendio.
Ao lugar acodiron ademais a Policía Local e Garda Civil.