Os bombeiros retiran unhas tellas soltas dun edificio en obras de Carballo

O edificio atópase an travesía que une a avenida de Fisterra coa rúa Pascual Veiga Os bombeiros de Carballo retiraron esta tarde varias tellas da cuberta dun edificio en obras situado na travesía que une a avenida de Fisterra e a rúa Pascual Veiga de Carballo e que presentaban risco de caer á vía pública. Recibiron a alerta sobre as 16 horas de hoxe. Unha vez alí accederon ao tellado cunha autoescada e retiraron as tellas soltas que podían caer á rúa coa acción do vento. Na intervención participaron un cabo e dous bombeiros. Novas relacionadas  Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Carballo