Os bombeiros retiran unhas tellas soltas dun edificio en obras de Carballo
21:46 15/12/16
O edificio atópase an travesía que une a avenida de Fisterra coa rúa Pascual Veiga
Os bombeiros de Carballo retiraron esta tarde varias tellas da cuberta dun edificio en obras situado na travesía que une a avenida de Fisterra e a rúa Pascual Veiga de Carballo e que presentaban risco de caer á vía pública.
Recibiron a alerta sobre as 16 horas de hoxe. Unha vez alí accederon ao tellado cunha autoescada e retiraron as tellas soltas que podían caer á rúa coa acción do vento. Na intervención participaron un cabo e dous bombeiros.
Novas relacionadas
- Carballo contará cun novo coche de bombeiros
- Os Bombeiros rescatan unha muller atrapada no seu vehículo tras un accidente na Pereiriña
- Os bombeiros retiran cascallos dunha fachada en Carballo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Carballo