O Parque Comercial A Revolta será unha realidade no nadal de 2022

Recreacion 3D do Centro Comercial A Revolta Carballo 2

Chámanlle un novo “concepto comercial moderno” cheo de “experiencias, emocións, sensacións, servizos” que se convertirá no novo “punto de encontro” da comarca de Bergantiños. Este venres tivo lugar a presentación do futuro Parque Comercial A Revolta, unha superficie comercial que terá establecimentos de “primeiras marcas” de alimentación, ocio e restauración, bricolaxe, electrodomésticos, talleres, telefonía, calzados, animais, deporte, textil, hogar, ocio infantil…

Estará situado na entrada sur da capital, a 800 metros do centro urbano. nunha parcela de 48.000 metros cadrados, dando servizo a unha área de influencia de 145.000 habitantes, incluindo os concellos de Carballo, Cerceda, Ordes, Tordoia, Val do Dubra, Sata Comba, VImianzo, Zas, A Laracha, Arteixo, Camariñas, Laxe, Cabana, Ponteceso e Malpica.

Cifras

Segundo as cifras presentadas, falamos dun investimento de 21,6 millóns de euros, que servirán para a creación de 300 postos de traballo directos e 445 indirectos durante a fase de construción; e 200 directos e case 300 indirectos durante a fase de explotación.

Prazos

O plan presentado, unha vez que o desenvolvemento urbanístico xa foi aprobado definitivamente, preve comezar as obras de urbanización en xaneiro de 2021, obter a licenza comercial en xuño de 2021, para que a execución se desenvolva a partie de xullo de 2021. O Parque espera ademais a construción dunha rotonda, contemplada no PXOM, tralo acordo asinado pola promotora e o Concello.
Deste xeito, a apertura está perfilada para o nadal de 2022.