A Primavera en Ruta para da Ribeira da Pena aos muiños de Ardeleiro
Case 60 persoas percorreron este pasado domingo o bosque da Ribeira da Pena na que foi a segunda das andainas da 16ª edición do programa Primavera en Ruta, de Senda Nova.
Xentes da parroquia, da man da AV Aldemunde de Arriba e a entidade de Cerceda Veciños polo Rural, ademais doutras familias chegadas dende Carballo, A Laracha e Malpica de Bergantiños, descubriron a maxia deste bosque de ribeira tan máxico, un dos de maior importancia da comarca, e que se vertebra arredor dos concellos de Tordoia, Carballo e Cerceda. Esta mancha boscosa arredor do río Abelleira leva anos nunha profunda regresión pola plantación de eucaliptos.
A andaina partiu do interesante Dolmen da Pedra Moura.
A seguinte cita é na Costa agreste de Cerqueda (Malpica), para visitar a singular paraxe dos Muíños de Ardeleiro como principal atractivo.