mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Primavera en Ruta para da Ribeira da Pena aos muiños de Ardeleiro

Ruta polo Bosque da Ribeira da Pena con Senda Nova
Ruta polo Bosque da Ribeira da Pena con Senda Nova
A Primavera en Ruta para da Ribeira da Pena aos muiños de Ardeleiro

Case 60 persoas percorreron este pasado domingo o bosque da Ribeira da Pena na que foi a segunda das andainas da 16ª edición do programa Primavera en Ruta, de Senda Nova.

Xentes da parroquia, da man da AV Aldemunde de Arriba e a entidade de Cerceda Veciños polo Rural, ademais doutras familias chegadas dende Carballo, A Laracha e Malpica de Bergantiños, descubriron a maxia deste bosque de ribeira tan máxico, un dos de maior importancia da comarca, e que se vertebra arredor dos concellos de Tordoia, Carballo e Cerceda. Esta mancha boscosa arredor do río Abelleira leva anos nunha profunda regresión pola plantación de eucaliptos.

Ruta polo Bosque da Ribeira da Pena con Senda Nov 2

A andaina partiu do interesante Dolmen da Pedra Moura.

Castro de Aldemunde
Castro de Aldemunde

A seguinte cita é na Costa agreste de Cerqueda (Malpica), para visitar a singular paraxe dos Muíños de Ardeleiro como principal atractivo. 

Comentarios