O PSOE de Carballo e Vimianzo critica que a Xunta anuncie obras en centros de ensino tras catro anos de esquecemento
04 de abril de 2019 (09:49 h.)
Vila, xunto coa voceira socialista de Vimianzo, Mónica Rodríguez daban unha rolda de prensa onte para cualificar de “electoralismo e mentiras os investimentos anunciados o luns pola Consellería de Educación”. “Despois de catro anos de esquecemento, xunto antes dunhas eleccións chegan as promesas”, afirman dende o PSOE.
Os vimianceses, que xa solicitaran un plan de FP que se axuste ao tecido produtivo da comarca. “Levamos anos coa mesma demada, só hai formación profesional en Carballo e Ponteceso, cunha oferta académica insuficiente para garantirlle ao alumnado saídas laborales; en Vimianzo, é imprescindible un ciclo de soldadura polo tipo de empresas que hai no municipio e arredores”, remataron.