Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PSOE de Carballo e Vimianzo critica que a Xunta anuncie obras en centros de ensino tras catro anos de esquecemento

O PSOE de Carballo e Vimianzo critica que a Xunta anuncie obras en centros de ensino tras catro anos de esquecemento

Patio infantil do CEIP Fogar de CarballoO CEIP Fogar de Carballo (na imaxe), que no próximo curso académico cumpre 50 anos, necesita de forma urxente unha reforma da fachada. Pero non parelle preocuparlle á Xunta que nin sequera se menciona entre os investimentos do PP. Si que anunciou estes días o goberno popular as unhas reformas no CEIP Otero Pedrayo de A Laracha “que xa estaban orzamentadas co goberno de Emilio Pérez Touriño, pero que a Xunta do PP meteu nun caixón no ano 2009”, segundo denuncia José Antonio Viña, portavoz comarcal do PSdeG.

Vila, xunto coa voceira socialista de Vimianzo, Mónica Rodríguez daban unha rolda de prensa onte para cualificar de “electoralismo e mentiras os investimentos anunciados o luns pola Consellería de Educación”. “Despois de catro anos de esquecemento, xunto antes dunhas eleccións chegan as promesas”, afirman dende o PSOE.

Os vimianceses, que xa solicitaran un plan de FP que se axuste ao tecido produtivo da comarca. “Levamos anos coa mesma demada, só hai formación profesional en Carballo e Ponteceso, cunha oferta académica insuficiente para garantirlle ao alumnado saídas laborales; en Vimianzo, é imprescindible un ciclo de soldadura polo tipo de empresas que hai no municipio e arredores”, remataron.

Novas relacionadas

Comentarios