Os Ratiños de de Lonxedetodo xa están de volta na Biblioteca Rego da Balsa

A poderosa actriz Isabel Risco, un dos Ratiños de Lonxedetodo

Xa están na Biblioteca Rego da Balsa os simpáticos ratiños da compañía Trinketrinke, que volveron de Lonxedetodo cargados de historias e cancións para compartir coa rapazada carballesa ata final de curso.

Este mércores visiou a biblio a ratiña Carolina, reopresentada pola poderosa actriz Isabel Risco, para falar das Familias diversas que integran a sociedade actual. Tivo unha acollida estupenda das numerosas familias usuarias da Biblioteca que xa tiñan gañas de levar ás súas pequenas criaturas (o ciclo está formulado para nenas e nenos de 4 a 8 anos) a estas necesarias actividades.

14 actuacións

Hai función dobre cada quince días, os mércores ás 17.30 e ás 18.30 horas, nas que irán chegando os Fuco, Lilí, Carolina, Faifá e Pillo. A entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas. E este curso o Concello estrea novo sistema de reserva de praza a través da axenda da web carballo.gal.

 

12 de novembro | Poderes hipnóticos

A gran Lilí Gruyère é unha ratiña que percorre os principais teatros do mundo cantando, bailando e facendo maxia. Hoxe preséntanos un incrible espectáculo de hipnotismo en compañía do seu amigo o rato Fuco. 

Contos: A Filla do Sol e da Lúa, Onde está o meu zapato?

26 de novembro | Asociación de animais solidarios

Os ratos de Lonxedetodo formaron a Asociación de Animais Solidarios vendo os problemas que provoca o cambio climático na fauna mundial. Comezan a recibir chamadas de animais que procuran axuda. 

Contos: A casa da Mosca Chosca, El gallo que no sabía cantar, El último tigre

10 de decembro | O que non sabías do Nadal

A ratiña Faifá sabe sobre a orixe do Nadal no mundo. Percorreu moitos países e coñece diferentes xeitos de festexo e os personaxes que lle levan agasallos ás nenas e nenos! 

Contos: Mini enigmas de Navidad, La Navidad desconocida, Olivia recibe la Navidad.

14 de xaneiro | O coro do rato Fuco

O rato Fuco está entusiasmado co traballo que ten por diante: formar un coro, dirixilo e gañar o concurso de música coral que organiza o Concello. Para isto contará coa axuda da súa amiga Lilí Gruyère

Contos: Herman y Rosie, Inés del revés, O gato lambón

28 de xaneiro | Ímolo pasar de medo!

Nas “veladas de medo” dos Ratos de Lonxedetodo cóntanse contos, cántanse cancións e fanse xogos: Pásase un chisquiño de medo pero sobre todo rise e divírtese. 

Contos: Fab o monstro amarelo; A casiña de chocolate; La casita de turrón

11 de febreiro | Aventuras na cociña

Á parte de artista, Lilí Gruyére é unha gran cociñeira. Hoxe vai preparar en directo, con axuda sorpresa, un menú moi san. Nesta sesión trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saudables... 

Contos: El jarrón del fondo del lago, Sopa verde

25 de febreiro | Un agasallo para Lilí 

Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar límites. Será capaz Fuco de non probar as deliciosas galletas que preparou para agasallar a Lilí Gruyère no seu aniversario?

Contos: ¡No dejes que la paloma conduzca el autobús!, Alex e o rato de corda.

11 de marzo | As illas do tesouro 

A Ratiña Carolina pídelle axuda ao seu irmán Pillo para planificar unha expedición na busca dun tesouro mergullado na costa das illas Sisargas. O seu plan é rescatalo co principio científico da campá de inmersión. 

Contos: Belisario, La oveja Carlota, La casa de los pequeños exploradores.

18 de marzo | Facendo teatro

Ao rato Fuco gústalle moito o teatro, sobre todo pola súa dimensión lúdica e grupal. Hoxe vai dirixir a obra “O Pequeno Raposo”, representada por algúns dos asistentes, que trás uns pequenos xogos estarán listos para actuar. 

Contos: O pequeno raposo. Fábulas y Criaturas Mágicas: maquillajes, máscaras y escenificación.

1 de abril | Avós

O ciclo da vida e o respecto aos anciáns son os dous temas deste espectáculo. Faifá cóntanos como un día axudou á avoa Catuxa a plantar unha maceira. Agora cando come unha mazá, lémbrase dela. Contaranos contos que a avoa lle contou e coa música que a ela lle gustaba. 

Contos: A árbore xenerosa, Avós.

15 de abril | Non máis guerras

A gran Lilí Gruyére e Fuco reflexionan sobre a guerra e as súas causas e van realizar, coa colaboración dos nenos e nenas, un experimento moi interesante. Sesión de educación para a paz. 

Contos: Historia de una bala, Negros e brancos.

29 de abril | O mar

Á ratiña Faifá encántalle o mar. Gústalle ir á Praia de Lonxedetodo para miralo e soñar. Tamén dá paseos pola beira collendo cousas naturais e ás veces lixo que recicla e ao que lle da un uso ben bonito! 

Contos: Chimpate Pepa, Benxamín?, El canto de las ballenas, Nadarín.

13 de maio | Cores e persoas

Un paseo respectuoso por un mundo diverso da man de Lilí Gruyére. Abórdase o problema do acoso escolar e dáse a coñecer a realidade transxénero na infancia (coa colaboración da psicóloga Chus Díaz Anca.) 

Contos: ¿Qué le pasa a Uma?, Soy Jazz, Pearl Power and the toy problem

27 de maio | Traballiños de verán

Achégase o verán e os nosos ratos teñen planeado traballar de camareiros para gañar uns cartiños. Hoxe van practicar un pouco na biblioteca. A ver que tal lles sae... 

Contos: O frautista de Hamelín, Juan el Perezoso (Lazy Jack). 2