Os Ratiños de de Lonxedetodo xa están de volta na Biblioteca Rego da Balsa
Xa están na Biblioteca Rego da Balsa os simpáticos ratiños da compañía Trinketrinke, que volveron de Lonxedetodo cargados de historias e cancións para compartir coa rapazada carballesa ata final de curso.
Este mércores visiou a biblio a ratiña Carolina, reopresentada pola poderosa actriz Isabel Risco, para falar das Familias diversas que integran a sociedade actual. Tivo unha acollida estupenda das numerosas familias usuarias da Biblioteca que xa tiñan gañas de levar ás súas pequenas criaturas (o ciclo está formulado para nenas e nenos de 4 a 8 anos) a estas necesarias actividades.

14 actuacións
Hai función dobre cada quince días, os mércores ás 17.30 e ás 18.30 horas, nas que irán chegando os Fuco, Lilí, Carolina, Faifá e Pillo. A entrada é de balde, pero para asistir é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas. E este curso o Concello estrea novo sistema de reserva de praza a través da axenda da web carballo.gal.
12 de novembro | Poderes hipnóticos
A gran Lilí Gruyère é unha ratiña que percorre os principais teatros do mundo cantando, bailando e facendo maxia. Hoxe preséntanos un incrible espectáculo de hipnotismo en compañía do seu amigo o rato Fuco.
Contos: A Filla do Sol e da Lúa, Onde está o meu zapato?
26 de novembro | Asociación de animais solidarios
Os ratos de Lonxedetodo formaron a Asociación de Animais Solidarios vendo os problemas que provoca o cambio climático na fauna mundial. Comezan a recibir chamadas de animais que procuran axuda.
Contos: A casa da Mosca Chosca, El gallo que no sabía cantar, El último tigre
10 de decembro | O que non sabías do Nadal
A ratiña Faifá sabe sobre a orixe do Nadal no mundo. Percorreu moitos países e coñece diferentes xeitos de festexo e os personaxes que lle levan agasallos ás nenas e nenos!
Contos: Mini enigmas de Navidad, La Navidad desconocida, Olivia recibe la Navidad.
14 de xaneiro | O coro do rato Fuco
O rato Fuco está entusiasmado co traballo que ten por diante: formar un coro, dirixilo e gañar o concurso de música coral que organiza o Concello. Para isto contará coa axuda da súa amiga Lilí Gruyère.
Contos: Herman y Rosie, Inés del revés, O gato lambón
28 de xaneiro | Ímolo pasar de medo!
Nas “veladas de medo” dos Ratos de Lonxedetodo cóntanse contos, cántanse cancións e fanse xogos: Pásase un chisquiño de medo pero sobre todo rise e divírtese.
Contos: Fab o monstro amarelo; A casiña de chocolate; La casita de turrón
11 de febreiro | Aventuras na cociña
Á parte de artista, Lilí Gruyére é unha gran cociñeira. Hoxe vai preparar en directo, con axuda sorpresa, un menú moi san. Nesta sesión trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saudables...
Contos: El jarrón del fondo del lago, Sopa verde
25 de febreiro | Un agasallo para Lilí
Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar límites. Será capaz Fuco de non probar as deliciosas galletas que preparou para agasallar a Lilí Gruyère no seu aniversario?
Contos: ¡No dejes que la paloma conduzca el autobús!, Alex e o rato de corda.
11 de marzo | As illas do tesouro
A Ratiña Carolina pídelle axuda ao seu irmán Pillo para planificar unha expedición na busca dun tesouro mergullado na costa das illas Sisargas. O seu plan é rescatalo co principio científico da campá de inmersión.
Contos: Belisario, La oveja Carlota, La casa de los pequeños exploradores.
18 de marzo | Facendo teatro
Ao rato Fuco gústalle moito o teatro, sobre todo pola súa dimensión lúdica e grupal. Hoxe vai dirixir a obra “O Pequeno Raposo”, representada por algúns dos asistentes, que trás uns pequenos xogos estarán listos para actuar.
Contos: O pequeno raposo. Fábulas y Criaturas Mágicas: maquillajes, máscaras y escenificación.
1 de abril | Avós
O ciclo da vida e o respecto aos anciáns son os dous temas deste espectáculo. Faifá cóntanos como un día axudou á avoa Catuxa a plantar unha maceira. Agora cando come unha mazá, lémbrase dela. Contaranos contos que a avoa lle contou e coa música que a ela lle gustaba.
Contos: A árbore xenerosa, Avós.
15 de abril | Non máis guerras
A gran Lilí Gruyére e Fuco reflexionan sobre a guerra e as súas causas e van realizar, coa colaboración dos nenos e nenas, un experimento moi interesante. Sesión de educación para a paz.
Contos: Historia de una bala, Negros e brancos.
29 de abril | O mar
Á ratiña Faifá encántalle o mar. Gústalle ir á Praia de Lonxedetodo para miralo e soñar. Tamén dá paseos pola beira collendo cousas naturais e ás veces lixo que recicla e ao que lle da un uso ben bonito!
Contos: Chimpate Pepa, Benxamín?, El canto de las ballenas, Nadarín.
13 de maio | Cores e persoas
Un paseo respectuoso por un mundo diverso da man de Lilí Gruyére. Abórdase o problema do acoso escolar e dáse a coñecer a realidade transxénero na infancia (coa colaboración da psicóloga Chus Díaz Anca.)
Contos: ¿Qué le pasa a Uma?, Soy Jazz, Pearl Power and the toy problem
27 de maio | Traballiños de verán
Achégase o verán e os nosos ratos teñen planeado traballar de camareiros para gañar uns cartiños. Hoxe van practicar un pouco na biblioteca. A ver que tal lles sae...
Contos: O frautista de Hamelín, Juan el Perezoso (Lazy Jack). 2