O recoñecido Centro Social de Goiáns xa ten data de inauguración
Aínda non foi iguagurado e ten recoñecementos estatais. O centro social de Goiáns, finalista dos Premios Nacionais de Arquitectura, vivirá a súa inauguración oficial o vindeiro o sábado 2 de maio cunha xornada festiva organizada pola propia veciñanza.
Na presentación da inauguración os responsables municipais destacaron a importancia de que a parroquia conte cun espazo de encontro que xa é un referente arquitectónico antes de ser inaugurado oficialmente, e que se vai sumar á gran rede de centros sociais que temos repartidos pola práctica totalidade das parroquias.
A xornada inaugural terá un marcado carácter lúdico e de convivencia. O programa de actos arrancará ás 13:00 horas cunha tradicional sesión vermú, con música disco para animar a todos os asistentes. A celebración continuará pola tarde cunha das actuacións máis agardadas, a cargo de Rocío Pérez, quen porá o broche de ouro musical a un día histórico para a parroquia.
Para amenizar a tarde tamén para os máis pequenos da parroquia, de 16:00 a 20:00 horas haberá actividades infantís con monitorado.