sábado. 11.04.2026
El tiempo

Unha casa de Corme e o Centro Social de Goiáns optan aos Premios Arquitectura 2026

Centro social Goians (2)
Centro social Goians
Unha casa de Corme e o Centro Social de Goiáns optan aos Premios Arquitectura 2026

13 obras galegas optan aos Premios ARQUITECTURA 2026 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSAE), en colaboración con COMPAC®. Entre elas, atopamos dúas propostas costeiras: A rehabillitación da Cormelá, unha pequena vivenda en Corme (Ponteceso); e o novo Centro social de Goiáns en Carballo.

Estes premios celebran a súa quinta edición co inicio da segunda fase e a presentación das 209 obras escollidas dun total de 534 propostas presentadas que abarcan as distintas disciplinas da Arquitectura. En maio, reunirase un xurado formado por arquitectos/as de recoñecido prestixio para elixir as propostas finalistas aos premios. Os proxectos gañadores anunciaranse o 9 de xuño no transcurso dunha cerimonia que se celebrará en Madrid. 

O Colexio de Arquitectos de Galicia sinala que a selección galega dos Premios destaca pola "altísima calidade da arquitectura e o tratamento do territorio no contexto peninsular". 

A Cormelá (Corme, Ponteceso), de Javier Rocamonde Lourido e Natalia Alvaredo López

 

A Cormela (Corme, Ponteceso)

O xurado recoñece a posta en valor dunha vivenda mariñeira tradicional, conciliando o respecto patrimonial con estándares modernos de confort. Emprega materiais de proximidade para garantir unha baixa pegada de carbono e rexenerar o hábitat costeiro demostrando á maneira de Jill Stonner de que non hai arquitectura menor e que un proxecto ausente de forma non é menos intenso nin radical. 

A Cormela (Corme, Ponteceso) 1

Centro social de Goiáns: A comunidade como icona (Carballo), de Miguel Fernández-Galiano

O xurado valorou unha obra que se pode entender como reinterpretación dunha arquitectura popular galega en clave contemporánea para crear un espazo de encontro inclusivo e flexible. Responde ao compromiso de fixar poboación no rural mediante equipamentos de alta calidade arquitectónica. 

Centro social Goians (1)

Outras novas

Comentarios