Rehabilitan e poñen á venda 87 vivendas nun dos esqueletos da Avenida de Razo

Edificio da Avenida Razo de Carballo que será rehabilitado

Un dos esqueletos urbanísticos que permanecen dende hai décadas en Carballo será obxecto dunha nova remodelación, que permitirá a creación de 87 novas vivendas. A empresa Magari investments vén de anunciar a posta en marchar, a partir do ano que vén, das obras de remodelación do edificio situado na Avenida de Razo, promovido no seu día por Costa Nariga. A nova urbanización será chamada A Lagoa.

Proxecto da urbanización A Lagoa-Fonte: MAGARI

A posta á venda, a partir de 82.000€, xa está aberta a través de Incor Muebles.

O edificio ía formar parte dun plan urbanístico moito máis ambicioso, de preto de 800 vivendas, e de feito, xusto en fronte aínda quedan os restos doutro mamotreto dunha promoción de Riotorto.

Esqueleto de Riotorto en fronte da nova urbanización